De interese

24/07/2011

Xa é posíbel subscribir accións de Sermos Galiza


O Grupo Promotor de Sermos Galiza fixou o obxectivo de capital social da empresa de comunicación en 300.000 euros, dividido en 3.000 accións de 100 euros. Entendemos que a contía de 100 euros/acción posibilita a máxima participación, de modo que todas as persoas que quixeren poderán converterse en co-propietarias do seu medio. Isto é coherente coa premisa estabelecida por Sermos Galiza de camiñar para un grupo de comunicación aberto, plural e colectivo, cunha larga e sólida base constituída por accionistas e subscritores/as. Pola mesma razón se estabelece un límite por accionista do 10% do capital social.
É xa posíbel subcribir accións. Pode facerse depositando a contía equivalente ao número de participacións que se quixeren adquirir na conta de SERMOS GALIZA, S.A. en NovaCaixaGalicia:  2080 0319 69 3040016966 Convén indicar no concepto:Nome da persoa adquirente e “Compra ........ accións de Sermos Galiza.
Recomendamos enviar a seguir un mail indicando que se fixo o ingreso asermosgaliza@gmail.com, acompañando datos de contacto (cando menos o número de teléfono)
Para quen precisar o IBAN e o BIC , os códigos son estes:
IBAN ES45 2080 0319 6930 4001 6966
BIC CAGLESMMXXX
Obrigado polo apoio ao proxecto.

11 comentários:

  1. Um máximo dum 10% por accionista é demais. O limiar deveria ficar num máximo do 1% para evitarmos o controlo de facto duma minoria e tornar-se realmente num projeto popular.

    ResponderEliminar
  2. É un proxecto moi necesario e moi urxente para o país, pero eu tamen penso que un máximo do 10 % por accionista é excesivo para evitar o control de facto por unha minoria. E que debería rebaixarse, ata o 1% ou o 2% por accionista para procurar que sexa e permaneza sendo realmente un proxecto de todo o colectivo que o apoie.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén considero excesivo o 10%, aínda que coido que ese non será o problema..Como accionista de Promocións Culturais Galegas (editora de A Nosa Terra) lembro que habia un tope do 5, mais non valeu de nada: de case 900 accionistas que eramos só 10 ou 15 asistíamos ás xuntas (o certo é que non se nos estimulaba moito a facé-lo, senón mais ben o contrario posto que o que alí se falaba adoecía moito de escurantismo e síndrome gorxa profunda (eramos os accionistas e, ás veces, tratában-nos como espías (mal fario me da ver a algúns daqueles nomes entre os promotores e apoiantes do presente proxecto!!: 30 ou 40 íamos cado se ía decidir "algo gordo": se non vas non podes votar, agás que delegues..., así que aproveitaron unha delas para modificar os estatutos e "abrir-se de pernas" a Xacinto Rei: eu non me poido queixar moito (tiña 1000 euros en accións e non fun), aínda que estou agardando que os "demócratagaleguistas" (Alfonso Eiré, Miguel Barros,..) que dirixian o proxecto me envien unha notiña explicándo-me as causas do acontecido. Moralexa: ten de ser un proxecto moi participativo: Mellor 10000 asinantes dunha acción que mil de 10 (co apoio implícito que tais números aignificarían) e temos de ser mais ambiciosos: diario en papel e pequeno trust de radiotelevisión comarcal (noutras nacións do estado colectivos, que a duras penas pasan dos 200000 votos, cando lles pechan un medio, por exemplo, aos 15 dias montan outro con 20000 apoiantes. Neste pais temos que superar o clube dos 3000 (os 3000 afiliados á MNL; os 3000 militantes do BNG; os 3000 subscriptores de ANT; os 3000 de Sempre;...), para "sermos alguén": onde están os restantes que dan lugar a votacións próximas aos 300000, manifestacións de 30000 ou sindicatos con 70000 afiliados??. Haberá que tocar a febra sensibel como acontece con equipas de futbol ou basket compostas por catro "mataos" perdendo cada fin de semana e que acadan apoios de 5000 ou 6000 asinantes nunha soa cidade ou comarca (neste caso no canto do localismo, o galeguismo). Por certo, TODO O MEU APOIO E ADIANTE!!!.

    ResponderEliminar
  4. Tenho algumas dúvidas a respeito do tema das ações e outras questões. Existe um endereço de correio eletrónico ou outra maneira de contactar com o grupo promotor?

    Miro Moman

    ResponderEliminar
  5. Non debería haber un documento máis detallado sobre os dereitos e obrigas ás que se someten as dúas partes unha feita a subscripción?

    Quero dicir... Eu meto 100 ouros nesa conta de NoCaGa e... que recibo a cambio? que podo facer? que ten que cumprir Sermos Galiza?

    Unha especie de contrato ou algo así...

    ResponderEliminar
  6. Concordo coa mensaxe de ifrit, bótase en falta algo máis de información sobre este tema, non? Tema que por outra parte é o fundamento de sermos galiza...

    ResponderEliminar
  7. O enderezo de mail de Sermos Galiza é sermosgaliza@gmail.com. Canto ás dúbidas sobre accións e subscricións, podemos aclarar o seguinte:
    1.- Se se quixer adquirir accións chega con facer un ingreso da conta 2091 0319 29 3040016966 de Novacaixagalicia. Para máis clareza pódese pór no concepto o nome da persoa que adquire as accións e o número de accións (cada unha 100 euros). O ingreso fica rexistrado, e o accionista será convocado á Asemblea Xeral de Accionistas constitutiva da sociedade. A partir daí fai parte da sociedade con todos os dereitos. O funcionamento das SA está regulamentado por lei.Por tanto o proceso é absolutamente seguro.
    2.- Canto ás subscricións ao semanario, que poden facerse desde esta mesma páxina, trátase na realidade dunha pre-subscrición que terá que ser confirmada co ingreso correspondente unha vez constituída a sociedade e fixada a contía definitiva. O obxectivo deste procedimento é coñecermos con exactitude o número de persoas realmente interesadas en seren subscritores para podermos verificar que se alcanza o número mínimo de 3.000, que lle dará viabilidade ao proxecto.
    Esperamos ter con isto esclarecido as dúbidas. Para máis información, dirixirse ao mail de Sermos Galiza. Obrigado.
    2.-

    ResponderEliminar
  8. Logo do acontecido coa caixa de aforros non vexo claro seguir a levar nin un só euro para alí. A iniciativa e xusta e lóxica (coas pequenas eivas que poida ter) máis de pequenos detalles están feitos os grandes proxectos. Cambio de entidade XA! Aínda queda algunha cooperativa de creto ou entidade bancaria medio-ética.

    ResponderEliminar
  9. Mais em quê conta bancária há que ingressar? Pois aparezem duas ... Bem começamos ....

    ResponderEliminar
  10. A conta é 2080 0319 69 3040016966, tal e como aparece no artigo e também na informação da margem direita. É verdade que num comentário anterior aparece uma outra diferente. Acontece que Novacaixagalicia mudou os códigos como consequência da fusão, mas também o número anterior continua operativo.

    ResponderEliminar