De interese

30/07/2011

Sermos ou non sermos. Eis a cuestión

Por Xosé Ramón Freixeiro Mato
Membro do Grupo Promotor de Sermos Galiza

Somos moitas as persoas galegas que nos sentimos identificadas cunha historia, cunha cultura e cunha lingua propias, persoas que nos sentimos posuidoras dunha identidade a que non queremos renunciar e que estamos comprometidas coa súa preservación. A estas persoas únense outras moitas que, sen teren consciencia tan clara desa identidade diferencial nin se sentiren especialmente comprometidas na súa defensa, teñen aquí as súas raíces e mostran vontade de seren galegas e de exerceren como tales. E aínda existe outro grupo importante de persoas que, sen seren galegas de nación, moran entre nós e asumen o dereito a existirmos como pobo con características de noso. Hai, de certo, outras persoas, nadas ou non en territorio galego, que teñen distintos sentimentos identitarios ou que subordinan a condición de galegos e galegas a identidades diferentes. Todas en conxunto, en unión co territorio, a historia, a cultura, a lingua ou as tradicións, constituímos a Galiza, vella nación europea definida constitucionalmente como nacionalidade histórica, isto é, comunidade nacional historicamente conformada.

26/07/2011

Sermos Galiza: presentación ben sucedida


A iniciativa social Sermos Galiza foi presentada en Compostela no Día da Patria, no marco do Festigal. Máis de 150 persoas seguiron con atención e interese as informacións fornecidas polo Grupo Promotor, e acolleron con entusiasmo o apelo a se comprometeren no obxectivo de contarmos en breve cun potente medio de comunicación na nosa lingua. Aliás, intervencións de participantes no acto reafirmaron a necesidade do compromiso activo da cidadanía máis consciente deste País. Ficou claro que precisamos asentar un espazo de comunicación propio mais, para alén diso, tamén se sinalou a importancia de reforzarmos a autoestima colectiva demostrando que, de querermos, podemos. Unha animosa intervención desde o público cerrou o acto.


Neste momento, comprometerse coa imprensa en galego significa apoiar Sermos Galiza. Tratándose dunha iniciativa social, arroupar socialmente o proxecto é a mellor garantía de suceso. Convidámosvos, por tanto, a que continuedes a manifestar o apoio á iniciativa (pode facerse desde esta mesma páxina). Mais, agora é posíbel expresar tamén ese compromiso de maneira máis directa: adquirindo accións de Sermos Galiza e/ou asinando como subscritor/a do semanario.
A adquisición das accións pode facerse ingresando a cantidade correspondente ao número que se quixer adquirir na conta de SERMOS GALIZA, S.A. (sociedade en constitución) aberta en Novacaixagalicia: 2091 0319 29 3040016966. A contía de cada acción son 100 euros e o límite por accionista é o 10% do capital social, que ficou fixado en 300.000 euros.
Tornarse asinante (subscritor/a) do semanario que editará Sermos Galiza é outro modo de contribuír para o éxito do proxecto. Pode facerse preenchendo o formulario nesta páxina. A subscrición terá de ser confirmada no momento de o semanario saír, mais coñecer o número de persoas realmente interesadas en seren asinantes, até verificar que se alcanza o obxectivo de 3.000, é chave para garantir a viabilidade do proxecto.
Afirmamos, mais unha vez, o noso compromiso con esta iniciativa e apelamos ao voso, na certeza de que xunt@s imos conseguilo.

O imprescindível


por Nemésio Barxa
Membro do Grupo Promotor de Sermos Galiza

Um país normalmente artelhado precisa de uma imprensa nacional que reflita as necessidades e inquedanzas da população, que informe das propostas do governo para resolver esses problemas ou dos seus legisladores para avançar de futuro no estado do bem-estar, transmita notícias a respeito da marcha dos assuntos nacionais e também do resto do mundo.

Na Galiza, que tivo no passado abundantíssimos projectos jornalísticos, que não passaram de localistas, não chegou a alcançar o jornal nacional, o jornal galego, que respondesse a critérios de país. O jornal -ou jornais- que respondam a critérios de "país" tem de passar por utilizar a língua própria do país; e pode que a escrita em galego disuada a muitas pessoas, tendo em conta que dada a escolarização em espanhol á que todos fomos submetidos e a sua presença dominante em todos os aspectos da vida, dificulta a leitura. Mas se conseguimos que esse jornal seja realmente de interesse para a população o idioma nunca constituirá barreira para seu consumo.

A existência de uma raquítica imprensa em galego, possibilista, fundamentada mais no entusiasmo pessoal (como A Peneira), no transitório concerto de grupos de amigos ou no empenho colectivo, pode adormecer o sentimento, por outra parte sempre presente, de abordar com seriedade a criação de um grupo editor (possibilidade que deixou passar o bipartito) galego e independente.

A miséria da imprensa galega (falamos da que se publica na Galiza, ainda que de galega não tem nada) resulta evidente, vivendo do poder e a ele submetida. Os grandes problemas de país não têm apenas eco. Pode descartar a Xunta ajudas para limpar o monte "porque el desbroce no evita fuegos" e dizer o Conselheiro do Meio Rural que o feito de que não se limpem os montes não influi na proliferação de incêndios, sem que ninguém lhe replique, porque confrontar-se poderia significar perdas de ajudas económicas; nem neste verão nem no passado se deram cifras de incêndios ou de hectares de monte queimados, nem se deu publicidade ás protestas dos trabalhadores de incêndios nem ás manifestações dos policias autonómicos de que a Xunta os pressiona para "inflar" imputados por lumes. Reduzem postos de trabalho, desinvestem em políticas sociais, retiram ajudas dadas para a normalização lingüística, agridem a nossa língua... E não se reflecte a lógica indignação nos jornais. Esse vem sendo o cacarejado aforro.

E falando de aforros, que conhecimento temos das manobras para deixar a Galiza sem Caixas de Aforros? Como manobrou o Senhor Presidente da Xunta para tirar-lhe á Galiza seus aforros? Tampouco a imprensa que nos (des)informa neste país contou rem, a não ser o jornalista Sánchez de Dios no seu recuncho de Faro de Vigo, que deu algumas claves.

E que chegamos a saber do concurso eólico, anulado pola Xunta por supostas ilegalidades que logo resultou que não existiam, segundo resolução do TSJ, mas que lhe serviu para favorecer os seus amigos?

Se tivéssemos uma imprensa independente hoje poderíamos ter conhecimento destes dados e muitos mais, desenmascarar os que presumindo de amantes de Galiza estão afundindo a sua economia, a sua pessoalidade, o seu prestígio... E poderíamos formar consciência cidadã para nos opor aos escuros e interessados desígnios dos que seguem a chuchar as potencialidades (humanas, económicas, intelectuais, de aforro, etc) da nossa Galiza.

Para isso precisamos colaborar activamente neste projecto comum de uma imprensa própria de Galiza.

24/07/2011

Xa é posíbel subscribir accións de Sermos Galiza


O Grupo Promotor de Sermos Galiza fixou o obxectivo de capital social da empresa de comunicación en 300.000 euros, dividido en 3.000 accións de 100 euros. Entendemos que a contía de 100 euros/acción posibilita a máxima participación, de modo que todas as persoas que quixeren poderán converterse en co-propietarias do seu medio. Isto é coherente coa premisa estabelecida por Sermos Galiza de camiñar para un grupo de comunicación aberto, plural e colectivo, cunha larga e sólida base constituída por accionistas e subscritores/as. Pola mesma razón se estabelece un límite por accionista do 10% do capital social.
É xa posíbel subcribir accións. Pode facerse depositando a contía equivalente ao número de participacións que se quixeren adquirir na conta de SERMOS GALIZA, S.A. en NovaCaixaGalicia:  2080 0319 69 3040016966 Convén indicar no concepto:Nome da persoa adquirente e “Compra ........ accións de Sermos Galiza.
Recomendamos enviar a seguir un mail indicando que se fixo o ingreso asermosgaliza@gmail.com, acompañando datos de contacto (cando menos o número de teléfono)
Para quen precisar o IBAN e o BIC , os códigos son estes:
IBAN ES45 2080 0319 6930 4001 6966
BIC CAGLESMMXXX
Obrigado polo apoio ao proxecto.

20/07/2011

Representantes de entidades sociais e organizacións súmanse á iniciativa Sermos Galiza


O proxecto do grupo de comunicación recibe numerosos apoios

Confirman a necesidade de medios de comunicación en galego


Desde que foi presentada publicamente, a Iniciativa Sermos Galiza está a recoller numerosos apoios e adhesións, que confirman a urxente necesidade de contarmos con medios de comunicación libres, críticos, galegos e en galego. Para alén da denuncia da falta de respaldo da Xunta de Galiza aos medios que utilizan a nosa lingua, o que ten contribuído para a desaparición de moitos deles, Sermos Galiza representa a esperanza e a afirmación de sermos capaces de construír, sobre o compromiso dos lectores e lectoras, un novo medio que responda ás necesidades dunha Galiza que se afirma e que precisa asentar un espazo de comunicación propio. Por iso Sermos Galiza xorde como unha iniciativa social, aberta, plural e colectiva, que quere contar con todas as persoas e colectivos que compartan este obxectivo. Ese carácter fica patente nos centos de apoios recibidos –que agradecemos publicamente-, e dos que queremos salientar 50 nomes de persoas que encabezan proxectos colectivos -no ámbito social, político, sindical, cultural ou institucional- fundamentais para o noso País, que manifestan o seu apoio a título persoal:


Adrián Dios Vicente (Liga Estudantil Galega)
Ana Miranda (Representante do BNG no Parlamento Europeo)
Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG-Ensino)
Anxo Teixeiro Fernández (Portavoz Nacional do MEU)
Avelino Pousa Antelo (Presidente da Fundación Castelao)
Bautista Álvarez (Presidente da Fundación B. Álvarez de Estudos Nacionalistas)
Carlos Aymerich (Portavoz do BNG no Parlamento Galego)
Carlos Callón Torres (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
Carme Freire Cruces (Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego)
Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente da AELG)
Chelo Pampillón (Presidenta de FEGATEA)
Daniel Candal (Responsábel Nacional dos Comités)
Dolores Candedo Gunturiz (Presidenta de Nova Escola Galega)
Ernesto Chao (Membro de Escena Galega)
Fernando Quintela Novoa (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
Francisco Jorquera (Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados)
Francisco Miranda Vigo (Secretario Confederal de Comunicación da CIG)
Francisco Rodríguez Sánchez (Executiva Nacional do BNG)
Gema Filgueira Garrido (Presidenta da Coordinadora Galega de ONGDs)
Guillerme Vázquez (Portavoz Nacional do BNG)
Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova)
Justo Beramendi (Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego)
Lois Ferradás Blanco (Presidente de IRIMIA))
Luís González Tosar (Presidente do PEN CLUB)
Luís Martínez-Risco Daviña (Secretario da Fundación Vicente Risco)
Manuel Bragado (Presidente da Asociación Galega de Editores)
Mariano Abalo (Portavoz Nacional da FPG)
Martinho Montero Santalha (Presidente da Academia Galega de Língua Portuguesa)
Martiño Noriega (Consello Nacional do BNG)
Mercedes Queixas Zas (Secretaria da Asociación de Escritores em Lingua Galega)
Nel Vidal Barral (Presidente da Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística )
Pilar García Negro (Presidenta da Federación GalizaCultura)
Rafael Vilar (Executiva Nacional do BNG)
Saleta Goy (Presidenta da Fundación Manuel María)
Uxío Breogán Diéguez Cequiel (Presidente da Asociación Galega de Historiadores)
Uxío Novoneyra Rei (Fundación Uxío Novoneyra)
Valentim Rodriguez Fagim (Presidente da Associaçom Galega da Língua, AGAL)
Virxinia Rodríguez (Presidenta de ADEGA)
Xan Duro (Coordinador Xeral de Verdegaia)
Xavier Campos (Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural)
Xesús Seixo (Secretario Xeral da CIG)
Xoán Carlos Bascuas (Executiva Nacional do BNG)
Xoán Costa Casas (Presidente da AS-PG)
Xosé Alfredo Pereira Martínez (Presidente da Asociación Galega de Montes en Man Común)
Xosé Luís Méndez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega)
Xosé Manuel Beiras (Presidente da Fundación Galiza Sempre)
Xosé Manuel González Vilas (Asociación Galega de Viticultura)
Xosé Manuel Pereiro (Decano do Colexio de Xornalistas)
Xosé Manuel Pérez Bouza (Senador do BNG)
Xosé Ramón Fandiño (Fundación Pedrón de Ouro)
Xurxo Álvarez Pérez (Presidente da Federación Rural Galega, FRUGA)
Xurxo Martínez Crespo (Presidente da Federación Galega de Emigrantes Retornados)

16/07/2011

Apoios sociais a Sermos Galiza, máis 150


Publicamos a 2ª listaxe de persoas que expresaron o apoio á Iniciativa Sermos Galiza. Máis unha vez, a tod@os, moitas grazas.


NOME E APELIDOS COMARCA/LOCALIDADE


1. Adela Bouza As Pontes
2. Adrián Dios Vicente Compostela
3. Alfonso Mosquera Prado Compostela
4. Alfredo Edreira Cruz Betanzos
5. Álvaro Ordóñez Iglesias Rianxo
6. Alvaro Prieto Gago Badalona
7. Amiel Amaro Rodríguez Álvarez Ourense
8. Ana Arceo Túñez Santiago de Compostela
9. Ana García García Compostela
10. Ana Mª Guerreiro Blanco A S Pontes
11. Ana Miranda Galiza-Bruxelas
12. Ana Paz Vilar O Ribeiro
13. Ana Pontón Santiago de Compostela
14. Antón Gómez Rodríguez Ourense
15. Antón Quintáns Louzao Compostela
16. Anton Robledo Perez Ferrol Terra
17. Antonio Iglesias Barreiro Santiago de Compostela
18. Aurora Veiga Lema Arteixo
19. Bárbara G. Vilariño A Coruña
20. Beatriz Fariñas Garrote Ourense
21. Beatriz Leyenda Rodriguez Nigrán
22. Begoña Caamaño Rascado Compostela
23. Benxamín Salgado Teo
24. Berta Dávila Santiago de Compostela
25. Bieito Lobeira Domínguez Marín - O Morrazo
26. Carlos Manuel Callón Torres Santiago de Compostela
27. Carlos Rico Lesta A Coruña
28. Carme Lado Franco Santiago de Compostela
29. Carme Varela Trigo Redondela
30. Carmen Pereiro González Vigo
31. Chito Costoya Bertamiráns-Ames
32. Cibrán Arxibai Queiruga A Estrada
33. Cristina Ferreiro López Lugo
34. Cristina Lerma Rei Compostela
35. Cristina López Graça Sarria-Lugo
36. Daniel Abad Gómez Vilagarcía de Arousa
37. David Otero A Estrada
38. David Paz Lafuente A Corunha
39. Denís Fernández Méndez Vigo
40. Diana García Couso Leipzig, Alemaña
41. Diego Taboada Gaia.
42. Dores Asorei Compostela
43. Dores Vidal Peón A Barbanza
44. Eduard Del Castillo Velasco Barcelona - Compostela
45. Eladino Cabanelas Fernández O Carballiño
46. Elena María Freijo Sobrado Ribeira de Piquín
47. Elsa Quintas Alborés Vigo
48. Emilio Xosé Ínsua López Cambados
49. Emma Lázare Rodríguez Nigrán - Vigo
50. Enrique Edreira Galiza
51. Estefanía Mosquera Castro A Coruña
52. Ester Castro García Cabaleiros-Tordoia
53. Ester Vázquez Blanco A Coruña
54. Eulalia López Ferrol - A Coruña
55. Felipe-Senén López Gómez Coruña
56. Félix Rodríguez Rodríguez Ourense
57. Fernando Fernández González Vigo
58. Francisco Da Silva Vello As Pontes
59. Francisco Xesús Jorquera Caselas A Coruña
60. Gael González Beira Corunha
61. Goretti Sanmartín Rei Santiago de Compostela
62. Guillerme Vázquez Vázquez Pontevedra
63. Guillermo José Rodríguez Fernández Burela
64. Henrique Ouviña Barbanza
65. Iago Carreira Trigo Santiago De Compostela
66. Ignacio Soto Iglesias Ourense
67. Inma García Escourido O Vicedo, A Mariña
68. Iñigo Melchor Armiño Barakaldo- Bizkaia
69. Iolanda Veloso Ríos Vigo
70. Isabel Vaquero Quintela Ames
71. Isabelle Kerdudo Santiago de Compostela
72. Iván Reimóndez Meilán Compostela
73. J. Marcial Pérez Iglesias Santiago de Compostela
74. Jose Eitor Figueroa Sar-Lestrove (Dodro)
75. Juan Santiso Iglesias Madrid
76. Julián Pérez Garrote A Coruña
77. Lluís Felip Terrassa, Vallès Occidental
78. Lluís Grabulosa Serra Cedeira
79. Lucía Leal Süeiras As Pontes
80. Luís Cancio Prados Becerreá
81. Luísa González Rodríguez A Mariña, Ribadeo
82. Mª José Andrade Pérez Nigrán
83. Mª Pilar Estevez Rodriguez Santiago de Compostela
84. Manuel Anton Pastoriza Suarez Bergantiños
85. Manuel Anxo Grandal Anca Ferrol
86. Manuel Bragado Rodríguez Vigo
87. Manuel Cendán Ferrol
88. Marcelino Fernández Mallo A Coruña
89. Maria Del Mar Pena Garcia Culleredo
90. María Lado Costa da Morte
91. María Xesús Costoia Garea Compostela
92. María Xosé Bravo A Coruña
93. Martin Otero Gondar Ogrobe (O Salnés)
94. Matilde Pena Gonzalez Compostela
95. Mercedes Queixas Zas A Coruña
96. Miguel Moreira Barbeito Narón
97. Miguel Vieito Villar A Coruña
98. Míriam Fernández Louzao Santiago de Compostela
99. Moncho Lareu Riveiro Vigo
100. Mónica Baleirón Ribeira
101. Montse Prado Cores Cambados
102. Natalia Monje A Coruña
103. Neal Baxter Santiago de Compostela
104. Noelia Lojo Dios Illa De Arousa
105. Oscar Figueiras Albilares Bertamirans (Galiza)
106. Óscar Senra Gómez Santiago de Compostela
107. Raúl Ríos A Corunha
108. Ricardo Alonso Fernández Tui
109. Roberto Vilameá Ponte A Estrada
110. Rocío Da Igrexa Prego Cerceda-A Coruña
111. Rosabel Candal Bouzas Compostela
112. Rosana Posada Expósito A Mariña - Burela
113. Rubén Arroxo Fernández Lugo
114. Ruben Estramil Varela Carballo
115. Rubén Fernández Compostela
116. Samuel Rodríguez López Culleredo
117. Sandra Pesqueira Pérez Marin
118. Sandy Moragón Vigo
119. Santiago Ortiz Nunez Santiago de Compostela
120. Silvana Martínez Rodríguez Vigo
121. Tareixa Dopico Pita Lugo
122. Teresa Meixide Portos Ies De Curtis
123. Teresa Ramiro Fernandez A Coruña
124. Trinidad De Miguel Bouzas Santiago de Compostela
125. Xabier Ignacio Louzao Rodriguez Santiago
126. Xabier Pèrez Davila Vigo
127. Xan Duro Compostela
128. Xesús Antón Bermello García A Coruña
129. Xian Naya Sánchez A Corunha
130. Ximena González Ourense
131. Xoán Blanco Fernández Merza Vila De Cruces
132. Xoán Colazo Pazó Vigo
133. Xoan Costa Casas A Coruña
134. Xoán Manuel Andrade Vidal Santiago de Compostela
135. Xoaquín de Acosta Beiras Gondomar
136. Xosé Antón González Martíns Diáspora (Bcn)
137. Xosé Antonio Zas Roibal A Coruña
138. Xosé Anxo Iglesias Sánchez O Pino
139. Xosé Ares González Valdeorras
140. Xosé Bestilleiro Bello Cerceda
141. Xosé Hadrián Sousa González Vigo
142. Xosé Luís Méndez Ferrín Vigo
143. Xosé Manuel Casal Sabin Pobra do Caramiñal
144. Xosé Manuel Mexuto Seoane Santa Cruz-Oleiros
145. Xose Maria Gonzalez Salgado Vigo
146. Xosé Ramón Fandiño Santiago
147. Xosé Rial Pérez Poio
148. Xose Sanchez Blazquez Vigo
149. Xosé María Rodríguez Cobelo Ferrolterra
150. Xulio Castro Perez A Coruña

14/07/2011

Apoios sociais a Sermos Galiza

Confirmando que responde a unha necesidade sentida por un largo sector da sociedade galega, a Iniciativa Sermos Galiza foi acollida con ilusión, esperanza e numerosas mostras de apoio. Comezamos aquí, coas 150 primeiras sinaturas recibidas nesta páxina, a publicación dos nomes das persoas que queren manifestar o respaldo ao proxecto. Continuaremos a publicar os apoios recollidos no noso blog nos próximos días, aos que teremos que engadir os recibidos por outros medios. Tamén faremos pública en breve unha relación de persoas que encabezan proxectos colectivos plurais e diversos (organizacións, asociacións, institucións e entidades), todos eles fundamentais para o noso País, que expresan a título persoal o seu compromiso cos obxectivos de Sermos Galiza: unha imprensa libre, crítica, galega e en galego.
A tod@s, moitas grazas!

Nome e Apelidos Comarca / Localidade


1. Adrián R. Bravo Vigo
2. Alberte Fernández Mariño A Coruña
3. Alberte Mahía Rodríguez Vigo
4. Alberto Ferreiro Pérez A Coruña
5. Alexandre Avila Alonso Ourense
6. Alexandre Penas Roibás Lugo
7. Alfredo Álvarez Salceda de Caselas
8. Alfredo López (Tokio) Val Miñor
9. Alicia Trashorras Madarro Lugo
10. Álvaro Carreira García A Limia
11. Ana Barxa Cid Xinzo De Limia
12. Ana González Xove Monfero
13. Ana María Rúa A Coruña
14. Andrés Caamaño Pampín Santiago de Compostela
15. Ángel Amaro Alicante/Ourense
16. Ângelo Pineda Marinho Barcelona
17. Antia Nieves Rodriguez Escairón
18. Antón Fernández Escuredo O Condado
19. Antón Prieto Pontevedra
20. Antonio Agrelo Milladoiro - Ames
21. Anxo Louzao Rodríguez Santiago
22. Anxo Regueiro López Santiago de Compostela
23. Anxo Sánchez García A Coruña
24. Begoña Turnes García Compostela
25. Carlos Barxa Da Poza Allariz
26. Carlos Louro As Mariñas
27. Carlos Rico Lesta A Coruña
28. Carlos Vázquez González Lugo
29. Cristina Lestegas Pérez Xove
30. Daniel Balado Neiro Compostela
31. Daniel Candal A Coruña
32. Daniel González "Lavesedo" O Morrazo
33. Daniel Veiga Martínez Verín - Ourense
34. David Carro Temprano Sada
35. Diego Fernández Lamas Compostela
36. Duarte Correa Piñeiro Cambados
37. Edelmiro Moman Noval Luxemburgo
38. Eduardo Rodríguez Cunha Redondela
39. Elvira Moroño Ourense
40. Esteban Urbano Caamaño Castro Esteiro - Muros
41. Estefania Ventas A Coruña
42. Federico Gutiérrez Estoa Riotorto
43. Fernando Igrexas Bouza Cedeira
44. Fernando Pereira González A Coruña
45. Francisco Campos Lanzarote
46. Francisco L Vázquez Vizoso Vigo
47. Francisco Torrente Hortas Lugo
48. Francisco Xesús Alvedro López Emigración/Reino Unido
49. Francisco Vidal Bouzo Ponteareas
50. Gabriel Pérez Durán Vigo
51. Gran Colmado Ourense
52. Hadrián Candela Iglesias Compostela
53. Hadriana Grela Ordes
54. Héctor Sánchez Moar Oleiros
55. Helena Miguelez Carballeira Gales
56. Iago Fraga A Coruña
57. Isabel García Couso Compostela
58. Jacobo Rivas Val Alfoz - Valadouro
59. Jesús Ortueta Andonegui Ames
60. Joam Fraga Ferrol
61. Jon Amil Vigo
62. José Francisco Varela Rial A Coruña
63. José Manuel Asorey Saco Vigo
64. José Manuel Outeiro Garcia Compostela
65. Julio Asier Rodríguez Ourense
66. Kiko Neves O Condado
67. Lois Lamas García Vigo
68. Lucía Castro Ferreiro Portomarín
69. Lucía Vecino Souto Ponteceso
70. Luís Bará Torres Pontevedra
71. Mª do Carme Castro Pereira Valdoviño
72. Mª Dolores Blanco Pereira Mazaricos
73. Mª Rosa Pérez González Ourense
74. Maika Domínguez Soto Pontevedra
75. Manolo Ferro Celanova
76. Manuel Anxo Expósito Álvarez Vigo
77. Manuel Casal Lodeiro Ames
78. Manuel Forcadela Vigo
79. Manuel López Louxedo A Fonsagrada
80. Manuel Rei Romeu Pontedeume
81. Marcelo Rodríguez Acosta Vigo
82. Marcos Antonio Rivas Bouza Ferrol
83. Marcos Fernández A Mariña
84. Marcos Maceira Eiras Santiago de Compostela
85. Marcos Sumavielle Rodríguez Ourense
86. Maria Do Mar Lopes González Santiago de Compostela
87. María José Meilán García Lugo
88. María Martinez Taboada Mugardos
89. María Nieves Villar Garrote A Coruña
90. María Olivia Ferreiro González Santiago
91. María Xesús Moreira Fontán Morrazo
92. Marta Dacosta Alonso Gondomar
93. Martiño Ramos Soto Ourense
94. Miguel R. Penas Compostela
95. Miguel Rodríguez Carnota Paderne / Betanzos
96. Miguel Rodríguez Fernández A Coruña
97. Mónica Places Torrado Barbanza
98. Narsés Mira Ferrol
99. Nel Vidal Barral Compostela
100. Nicolasa Castro Monteiro Pontedeume
101. Nuria Rodríguez Celanova
102. Olga Castro A Mariña / Birmingham
103. Olga Patiño Abeixón Noia
104. Pablo Romero Vigo
105. Pablo Santiago García Barbanza
106. Paula Martínez Casares Salceda de Caselas
107. Paulino Peña Álvarez Ourense
108. Paulo Padin Alvarez Bilbau
109. Raimundo Gonzalez Pontevedra
110. Raul Rio Diaz Euskal Herria
111. Rodri Suárez A Coruña
112. Roman Varela Varela Melide
113. Rosa Conde Vieiro Santiago
114. Rosana Pérez Fernández A Pobra do Caramiñal
115. Rubén Cela Díaz Santiago de Compostela
116. Rut Marina Reza Álvarez O Ribeiro
117. Sérgio Nunes Garcia Cangas
118. Silvia Bardelás Álvarez Nigrán
119. Silvia Lampón Hermo Boiro
120. Simón Caaveiro Fraga As Pontes, Eume
121. Susana Lopez Hermida Viveiro
122. Suso Baleato Emigración
123. Suso López A Mariña - Ribadeo
124. Tatuxa Conde Taboada
125. Tiago Peres Gonçalves Compostela
126. Valentim R. Fagim Santiago
127. Xabier Baldomir Pego Santiago
128. Xabier Lago Mestre O Bierzo
129. Xabier Pérez Igrexas Vigo
130. Xan Fernández Bello Compostela
131. Xaquín Agulla Gómez Pontevedra
132. Xerome Calero Prado Vigo
133. Xersús Manuel Da Torre Martíns Vigo
134. Xesús Ledo Patao A Coruña
135. Xoán Daniel Castro Bermúdez A Coruña
136. Xosé Antón Bocixa Rei Cerceda
137. Xosé Antón Pedreira Mirás Compostela
138. Xosé Antonio López Teixeira Vigo
139. Xosé Bieito Delgado Rodríguez Ourense
140. Xosé Carlos Solla Lago Vigo
141. Xosé Fernando Varela Parada Ourense
142. Xosé L. García Costa Santiago de Compostela
143. Xosé M. Fernández López Ames
144. Xosé Manoel Alonso Noceda Ourense
145. Xosé Manuel Millán Otero Morrazo
146. Xosé Manuel Pérez Rodríguez Vigo
147. Xosé Miguel Baleato Fernández Santiago de Compostela
148. Xosefina Ferrás Sexto Compostela
149. Xurxo López González Santiago de Compostela
150. Yolanda Fernández Fernández Becerreá - Lugo

08/07/2011

Magnífico acollemento á Iniciativa Sermos Galiza


O acollemento excepcional que tivo a iniciativa Sermos Galiza confirma tanto a necesidade dun potente medio de comunicación galego e en galego como a oportunidade de comprometérmonos para o conseguir. Após a presentación pública sucedéronse as visitas á páxina, os parabéns, comentarios de alento e as sinaturas de apoio. Queremos agradecer sinceramente todas estas mostras de respaldo á iniciativa e pedir desculpas por a grande cantidade de comunicacións recibidas –felizmente- non nos permitir respondelas de maneira personalizada. Aproveitamos esta páxina para esclarecer algunhas das cuestións colocadas, particularmente as de aquelas persoas que nos preguntan como é que poden colaborar máis.
Estamos agora nunha fase de explicación e difusión do proxecto ben como de recolla de apoios. É fundamental, pois na medida en que o sector máis consciente da sociedade, que quere unha imprensa libre, crítica e galega arroupe esta iniciativa e a sinta como propia máis posibilidades de éxito terá. Por iso, nestes días a mellor colaboración é contribuír para a divulgación da iniciativa e tamén animar amig@s, e compañeir@s a que expresen o seu apoio (poden facelo desde esta mesma páxina). Nas próximas semanas abriremos o proceso de subscrición de accións e tamén, para quen quixer, de pre-subscrición ao semanario.
Existe tamén interese por coñecer por que, tratándose dun proxecto de comunicación, non hai xornalistas no Grupo Promotor. O Grupo asumiu o compromiso de lanzar publicamente a proposta como resposta a unha necesidade sentida por un segmento crecente da sociedade. Por iso se concibe como unha iniciativa social. Ou sexa, non hai nos promotores un interese particular do punto de vista profesional ou empresarial. En troca, quere ser a expresión dun proxecto que debe ser colectivo, plural e sustentado no compromiso activo dos lectores e lectoras.
Mais, ao tempo, contamos co asesoramento dun equipo de profesionais da comunicación que están a traballar nunha maior definición do proxecto comunicativo. Mesmo estamos a prever a celebración dun foro aberto no que tod@s @s profesionais da comunicación que quixeren poderán contribuír coas súas opinións e experiencia a enriquecer o proxecto.
Aliás, como esta é unha iniciativa aberta á sociedade, agradecemos calquera opinión ou suxestión que –individual ou colectivamente- nos quixerdes facer chegar.

01/07/2011

A iniciativa social Sermos Galiza impulsará a creación dun grupo de comunicación

Busca o compromiso da sociedade máis activa para botar a andar un diario dixital e un semanario en galego

Un grupo promotor de trece persoas de distintos ámbitos sociais presentou en Santiago a  iniciativa social para a creación do Grupo de Comunicación Sermos Galiza, un proxecto que parte coa vontade de se converter en referente da información en galego. De partida, o grupo  promotor anuncia a intención de botar a andar un diario dixital e un semanario en papel, substentado fundamentalmente nos subscritores e nun accionaraido amplo e plural.

As escritoras Marga Romero e Teresa Moure e o profesor da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato actuaron como portavoces da iniciativa Sermos Galiza, un proxecto que consideran “urxente e necesario” nun momento de abafamento dos medios en galego. O obxectivo de Sermos Galiza é ofrecer á cidadanía un producto informativo novo e distinto, ao dicir dos seus promotores, “que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e que sexa, en definitiva,  un proxecto colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro”.

Sermos Galiza

por Teresa Moure

Cada día repítennos unha chea de veces as consignas do pesimismo: crise económica, desideoloxización da clase traballadora, mercantilismo consumista que suplanta as ideas, individualismo... As brumas do imperio parecen habitar entre nós. E, con todo, alén desta grisalla radiografía da nosa sociedade, na Galiza escóitanse sons de protesta. Unha multitude de persoas ilusionadas con faceren realidade o proxecto de transformación que o nacionalismo veu deseñando desde os seus inicios reméxense incómodas nas súas posicións; son a outra voz. Estas persoas non queren ser chamadas marxinais por pareceren poucas; non son dúas nin duascentas mais o seu número é difícil de predicir porque medrará abondo cando dean collido as forzas para informaren os demais, para reflexionaren en común, para teceren a súa propia rede.

Un medio de Comunicación necesario

A existencia e consolidación dun espazo galego de comunicación é condición necesaria para asegurarmos un espazo de decisión propio a camiño do pleno autogoberno. Por iso, precisamos de dotármonos de medios de comunicación propios, que teñan como referencia Galiza e que partillen o proxecto de nación,  de ser e actuar desde nós mesmos. O momento comunicativo galego actual expresa o baleiro de voces que respondan ás ansias informativas dun segmento crecente da poboación  que quere e confía na soberanía en todos os ámbitos de actuación.

Aliás, o desaparecemento nos últimos tempos de medios de comunicación en galego agrava aínda máis a situación, polo que a creación dun proxecto que responda a unha demanda existente é unha necesidade xa urxente. A ausencia de medios cuxo centro de atención informativa sexa Galiza e as liñas editoriais cada vez máis belixerantes nos medios de comunicación en soportes tradicionais,  evidencian unha situación na que a nosa lingua,  a defensa do país, a información de organizacións propias e a nosa cultura fica  abafada na morea de información xerada con outras fontes e outros obxectivos. A política informativa do goberno da Xunta de Galiza contribuíu para agravar esta situación provocando a marxinación das voces críticas nos xornais, en canto o control gobernamental e mesmo a censura se impoñen como en poucas ocasións na radio e televisión públicas galegas.

A axenda informativa dos medios, como ben vemos, non ten a ver coas necesidades do país e iso distorsiona a construción da realidade social e a opinión pública. Constitúe, alén diso, unha rémora de singular dimensión para o crecemento e a difusión das ideas que teñen o seu cerne nos intereses da Galiza.

É por iso que os e as promotores/as  deste proxecto que agora presentamos, consideramos urxente o nacemento dun grupo de comunicación que responda ás necesidades informativas do noso país neste século XXI, unha iniciativa sólida, colectiva e plural que teña vocación de se transformar en referente informativo dos intereses da nación galega.