De interese

20/07/2011

Representantes de entidades sociais e organizacións súmanse á iniciativa Sermos Galiza


O proxecto do grupo de comunicación recibe numerosos apoios

Confirman a necesidade de medios de comunicación en galego


Desde que foi presentada publicamente, a Iniciativa Sermos Galiza está a recoller numerosos apoios e adhesións, que confirman a urxente necesidade de contarmos con medios de comunicación libres, críticos, galegos e en galego. Para alén da denuncia da falta de respaldo da Xunta de Galiza aos medios que utilizan a nosa lingua, o que ten contribuído para a desaparición de moitos deles, Sermos Galiza representa a esperanza e a afirmación de sermos capaces de construír, sobre o compromiso dos lectores e lectoras, un novo medio que responda ás necesidades dunha Galiza que se afirma e que precisa asentar un espazo de comunicación propio. Por iso Sermos Galiza xorde como unha iniciativa social, aberta, plural e colectiva, que quere contar con todas as persoas e colectivos que compartan este obxectivo. Ese carácter fica patente nos centos de apoios recibidos –que agradecemos publicamente-, e dos que queremos salientar 50 nomes de persoas que encabezan proxectos colectivos -no ámbito social, político, sindical, cultural ou institucional- fundamentais para o noso País, que manifestan o seu apoio a título persoal:


Adrián Dios Vicente (Liga Estudantil Galega)
Ana Miranda (Representante do BNG no Parlamento Europeo)
Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG-Ensino)
Anxo Teixeiro Fernández (Portavoz Nacional do MEU)
Avelino Pousa Antelo (Presidente da Fundación Castelao)
Bautista Álvarez (Presidente da Fundación B. Álvarez de Estudos Nacionalistas)
Carlos Aymerich (Portavoz do BNG no Parlamento Galego)
Carlos Callón Torres (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
Carme Freire Cruces (Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego)
Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente da AELG)
Chelo Pampillón (Presidenta de FEGATEA)
Daniel Candal (Responsábel Nacional dos Comités)
Dolores Candedo Gunturiz (Presidenta de Nova Escola Galega)
Ernesto Chao (Membro de Escena Galega)
Fernando Quintela Novoa (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
Francisco Jorquera (Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados)
Francisco Miranda Vigo (Secretario Confederal de Comunicación da CIG)
Francisco Rodríguez Sánchez (Executiva Nacional do BNG)
Gema Filgueira Garrido (Presidenta da Coordinadora Galega de ONGDs)
Guillerme Vázquez (Portavoz Nacional do BNG)
Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova)
Justo Beramendi (Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego)
Lois Ferradás Blanco (Presidente de IRIMIA))
Luís González Tosar (Presidente do PEN CLUB)
Luís Martínez-Risco Daviña (Secretario da Fundación Vicente Risco)
Manuel Bragado (Presidente da Asociación Galega de Editores)
Mariano Abalo (Portavoz Nacional da FPG)
Martinho Montero Santalha (Presidente da Academia Galega de Língua Portuguesa)
Martiño Noriega (Consello Nacional do BNG)
Mercedes Queixas Zas (Secretaria da Asociación de Escritores em Lingua Galega)
Nel Vidal Barral (Presidente da Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística )
Pilar García Negro (Presidenta da Federación GalizaCultura)
Rafael Vilar (Executiva Nacional do BNG)
Saleta Goy (Presidenta da Fundación Manuel María)
Uxío Breogán Diéguez Cequiel (Presidente da Asociación Galega de Historiadores)
Uxío Novoneyra Rei (Fundación Uxío Novoneyra)
Valentim Rodriguez Fagim (Presidente da Associaçom Galega da Língua, AGAL)
Virxinia Rodríguez (Presidenta de ADEGA)
Xan Duro (Coordinador Xeral de Verdegaia)
Xavier Campos (Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural)
Xesús Seixo (Secretario Xeral da CIG)
Xoán Carlos Bascuas (Executiva Nacional do BNG)
Xoán Costa Casas (Presidente da AS-PG)
Xosé Alfredo Pereira Martínez (Presidente da Asociación Galega de Montes en Man Común)
Xosé Luís Méndez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega)
Xosé Manuel Beiras (Presidente da Fundación Galiza Sempre)
Xosé Manuel González Vilas (Asociación Galega de Viticultura)
Xosé Manuel Pereiro (Decano do Colexio de Xornalistas)
Xosé Manuel Pérez Bouza (Senador do BNG)
Xosé Ramón Fandiño (Fundación Pedrón de Ouro)
Xurxo Álvarez Pérez (Presidente da Federación Rural Galega, FRUGA)
Xurxo Martínez Crespo (Presidente da Federación Galega de Emigrantes Retornados)

1 comentário:

  1. Xosé Lois Seixo03/08/2011, 16:21:00

    Paréceme unha iniciativa absolutamente necesaria para os intereses da nosa nación. Agora a ver se uns e outros somos quen de estarmos a altura das circunstancias e non se frustra como por desgracia xa ten ocorrido. Parabéns e adiante. O meu apoio está asegurado como accionista e como subscritor.

    ResponderEliminar