A existencia e consolidación dun espazo galego de comunicación é condición necesaria para asegurarmos un espazo de decisión propio a camiño do pleno autogoberno. Por iso, precisamos de dotármonos de medios de comunicación propios, que teñan como referencia Galiza e que partillen o proxecto de nación, de ser e actuar desde nós mesmos. O momento comunicativo galego actual expresa o baleiro de voces que respondan ás ansias informativas dun segmento crecente da poboación que quere e confía na soberanía en todos os ámbitos de actuación.
Aliás, o desaparecemento nos últimos tempos de medios de comunicación en galego agrava aínda máis a situación, polo que a creación dun proxecto que responda a unha demanda existente é unha necesidade xa urxente. A ausencia de medios cuxo centro de atención informativa sexa Galiza e as liñas editoriais cada vez máis belixerantes nos medios de comunicación en soportes tradicionais, evidencian unha situación na que a nosa lingua, a defensa do país, a información de organizacións propias e a nosa cultura fica abafada na morea de información xerada con outras fontes e outros obxectivos. A política informativa do goberno da Xunta de Galiza contribuíu para agravar esta situación provocando a marxinación das voces críticas nos xornais, en canto o control gobernamental e mesmo a censura se impoñen como en poucas ocasións na radio e televisión públicas galegas.
A axenda informativa dos medios, como ben vemos, non ten a ver coas necesidades do país e iso distorsiona a construción da realidade social e a opinión pública. Constitúe, alén diso, unha rémora de singular dimensión para o crecemento e a difusión das ideas que teñen o seu cerne nos intereses da Galiza.
É por iso que os e as promotores/as deste proxecto que agora presentamos, consideramos urxente o nacemento dun grupo de comunicación que responda ás necesidades informativas do noso país neste século XXI, unha iniciativa sólida, colectiva e plural que teña vocación de se transformar en referente informativo dos intereses da nación galega.
Unha iniciativa galega e en galego
A lingua será elemento definitorio do proxecto. A nosa iniciativa informativa ten na nosa lingua o seu modo de expresión. Face a xornais e medios marcadamente españolizados ou cabeceiras cunha presenza marxinal da nosa lingua, o novo medio terá no galego un sinal de identidade e eixo clave de definición.
Colocaranos, alén diso, na situación de aproveitar sinerxías comunicativas cos medios portugueses, prestando tamén atención ao acontecer político e cultural dos países da lusofonía. Será esta, por tanto, unha forma máis de singularización nun panorama en exceso dependente do centralismo español.
Un proxecto colectivo e plural
A independencia e a pluralidade serán eixos do novo medio e iso implica unha definición empresarial que foxe tanto do sometemento ao mercado publicitario como á propiedade empresarial de capital único.
O compromiso tanto individual como de entidades e organizacións no apoio deste novo medio constitúese así como elemento fundamental para o seu nacemento. De partida, esta orixe plural conferiralle ao novo medio o carácter dun proxecto común sólido e construtivo.
Precisamos dun capital social mínimo suficiente para poder garantir a solvencia e solidez do proxecto, que se captará a través de accionistas particulares e entidades, fundacións ou empresas que respalden esta iniciativa para defender os intereses de Galiza.
Outro eixo fundamental de funcionamento asenta na creación dunha sólida rede de colaboradores. Tanto no noso territorio como alén das nosas fronteiras, queremos que ese carácter colectivo fique patente tamén na autoría plural tanto no ámbito da opinión e crítica como na información directa desde os distintos focos informativos. O traballo de “creación de rede” preséntase fundamental e coincidente co obxectivo de dar voz aos distintos sectores e numerosos homes e mulleres que teñen moito que dicir no presente e futuro de Galiza.
Información, análise e interpretación
Responder ás necesidades informativas dunha audiencia que non atopa respostas nas cabeceiras e medios audiovisuais que se desenvolven na Galiza obriga a definir un proxecto baseado, por unha parte, na inmediatez e nas novas tecnoloxías da comunicación ás que non podemos ficar alleos mais, pola outra, a unha presenza material con distribución directa e en puntos de venda tradicional, co fin de “pór á vista” a nosa cabeceira.
Estamos a falar portanto dun proxecto que deberá arrancar con un diario dixital e un semanario en papel, este cunha vocación máis interpretativa e de análise e a información máis demorada expresada en xéneros xornalísticos como a entrevista ou a reportaxe. Mais o proxecto non debe pórse límites. En troca, debe aspirar a afianzarse e crecer. À partida pensando na radio. Mesmo en formatos máis novos, como a radio dixital. E de aí para diante.
Contai comigo.
ResponderEliminarMiro Moman
noraboa...estamos faltos
ResponderEliminarXa comezamos ben, misturando lusismos "face", "alias" con palabras galegas. Se o que queredes é un medio portugués en Galicia facervos suscriptores do diario de Lisboa, porque aqui ides ter o mesmo futuro que as sectas lusistas.
ResponderEliminarContade comigo, Alberte Fernández.
ResponderEliminarhttp://xornalpobogalego.wordpress.com/
Boa sorte. Pero acabo de lerme toda a web e creo que algo esquecedes. O Sil, ANT Dixital, Tempos Novos, Radio Fusión, Galicia Confidencial, Galiza Livre, Diario Liberdade e algún outro que seguro me esqueza. Todos estes están a facer xa un medios en galego ante a "ausencia de medios cuxo centro de atención informativa sexa Galiza e as liñas editoriais cada vez máis belixerantes nos medios de comunicación en soportes tradicionais",
ResponderEliminarEu non poderei participar no proxecto. Por desgraza ando metida en miles de proxectos e iniciativs e o tempo non me dá para máis. Pero desde logo podedes contar comigo economicamente. Subscribireime e participarei sempre que poda!!
ResponderEliminar¿cando se poñen os cartos?
ResponderEliminarAlvarez
GZ%X%
ResponderEliminarSi nos os Galeg@s, non miramos polo noso, (apaga e vámonos) como di o dito, hai que poñer mecanismos pa fomentar e divulgar o nosa cultura pais en xeral, non sabemos o que temos hasta que o perdemos, xuntos somos un volcán.., como di a canción, espallados vamos a desaparición da nosa identidade como pobo Pais!
Obrigado!
ResponderEliminarEsta é uma iniciativa necessária para a nossa supervivência como povo..
Xa enviei o apoio, moral, por dicilo dalgún xeito. Seica vos cómpre algunha cousa máis concreta..
ResponderEliminarDe qué forma podo axudar máis?
Entre o grupo promotor non hai xornalistas?
ResponderEliminarEiquí tedes unha subscritora e/ou accionista ou o que faga falla. Adiante!!!
ResponderEliminarÁnimo! Sorte!
ResponderEliminar