Imaxe da presentación en Pontevedra |
Após unha xeira de presentacións en 7 cidades e vilas, a iniciativa social Sermos Galiza continúa explicando o proxecto para a construción colectiva dun novo medio de comunicación nosa nosa lingua.
A próxima cita decorrerá en Foz, organizada polas asociacións culturais de todos os concellos da Mariña, que fan parte da Federación Galiza Cultura. Será ás 8'30 da tarde na Casa da Cultura 'Manuel María'. O calendario de presentacións ten aínda outras citas:
LUGO.- Segunda feira, 24 de outubro, ás 8 da tarde na Galería SARGADELOS. Organizada polo Club Cultural Valle-Inclán. Participarán os membros do Grupo Promotor Marica Campo, Rubén Lois, Néstor Rego, María Reimóndez e Olala Rodil.
AS PONTES.- Cuarta, 26 de outubro, ás 8 da tarde na Biblioteca Municipal (Avda. de Castelao, sn). Organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Coa presenza de Xurxo Souto e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
LALÍN.- Quinta, 27 de outubro, ás 8'30 na Casa Museo Ramón Aller. Coa participación de Nemésio Barxa, Néstor Rego e Olalla Rodil.
O CARBALLIÑO.- Sexta 28 de outubro, ás 8'30 no Casino, en colaboración coa Asociación Cultural Avantar.
BETANZOS.- Sexta, 4 de novembro, ás 8'30 no Salón azul do Liceo de Betanzos. Organizada conxuntamente polas asiociacións Roxín Roxal e Eira Vella. Coa presenza de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Rubén Lois e Xurxo Souto.
Agradecemos, máis unha vez, o labor das entidades que colaboran para facer posíbel a difusión da iniciativa Sermos Galiza e que, aliás, dá conta do carácter social e colectivo que queremos para este proxecto.
Sem comentários:
Enviar um comentário