Imaxe da presentación de Compostela |
Após as exitosas presentacións de Compostela, Ourense e Cambados, Sermos Galiza continúa dándose a coñecer. Esta quinta feira, 6 de outubro, estaremos en Ferrol. Será ás 8 da tarde no auditorio da Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución s/n – Cantón de Molíns). O acto está organizado pola Asociación Cultural Medulio e coa presenza de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xurxo Souto.
Ao mesmo tempo decorrerá a presentación en Pontevedra, ás 8'30 da tarde na Galería Sargadelos (rúa da Oliva). Organizada pola Asociación Cultural Maio Longo, contará coa participación de Manuel Mera, Néstor Rego e Marga Romero.
A presentación pública da iniciativa social por un medio de comunicación en galego continuará en vilas e cidades nun calendario que se anunciará nos próximos días. Entre as xa previstas está a da Mariña luguesa. Será a sexta feira, 21 de outubro, ás 8,30 da tarde na Casa da Cultura Manuel María, de Foz. Organizada pola Federación Galiza Cultura da Mariña.
Máis unha vez, queremos agradecer ás asociacións culturais Medulio e Maio Longo e á federación Galiza Cultura a inestimábel colaboración que prestan á divulgación do proxecto Sermos Galiza.
Sem comentários:
Enviar um comentário