De interese
-
Xosé Manuel Sánchez Rei Como cada sábado, Basilio Gándara, un petrucio dunha aldea da Limia Baixa, baixou até á vila, nesta ocasión coa e...
-
O lanzamento en xullo pasado da inicitiva Sermos Galiza non mereceu -con algunhas, poucas, honrosas excepcións- a atención dos medios de com...
-
O Grupo Promotor de Sermos Galiza fixou o obxectivo de capital social da empresa de comunicación en 300.000 euros, dividido en 3.000 acción...
31/08/2011
Adquirir accións de SERMOS GALIZA
Para podermos asegurar o éxito do proxecto de comunicación que Galiza necesita, precisamos reunir un capital social de 300.000 euros, dividido en 3.000 accións de 100 euros.
A adquisición de accións pode facerse ingresando a contía equivalente ao número de participacións que se quixeren adquirir na conta de SERMOS GALIZA, S.A. en NovaCaixaGalicia: 2091 0319 29 3040016966. Convén indicar no concepto: Nome da persoa adquirente (especialmente se non é a mesma que fai o ingreso)e “Compra ........ accións de Sermos Galiza.
Recomendamos enviar a seguir un mail indicando que se fixo o ingreso a sermosgaliza@gmail.com, acompañando datos de contacto (cando menos o número de teléfono)
Obrigado polo apoio ao proxecto.
20/08/2011
A voz precisa
Por Néstor Rego
Membro do Grupo Promotor de Sermos Galiza
A cada día se confirma máis a necesidade de reaxir e o acerto de termos tomado a iniciativa. Non hai dúbidas de que continúan a ser días difíceis para a imprensa en galego. Ás circunstancias propias do momento de crise económica que atravesamos sumouse, é evidente que con efectos decisivos, o tsunami españolizador que estamos a sufrir desde hai dous anos. A diminución das axudas para a lingua, tamén nos medios, e a deserción das obrigas políticas e legais no que respecta ao apoio á normalización do galego, tornáronse o máis visíbel das políticas intencionalmente destrutivas do goberno do Partido Popular.
Diante disto, podemos limitarnos á lamentación ou podemos mobilizarnos para reclamar unha mudanza das políticas públicas e, ademais, actuar. Isto é o que representa Sermos Galiza: a decisión firme de non ficar á espera. A vontade de axir para pór remedio a unha situación que progresivamente está a empobrecer o panorama da comunicación na Galiza e a deteriorar aínda máis a condición da lingua nos medios e, por tanto, na sociedade.
Sermos Galiza veu a encarnar, no medio de tanta noticia negativa, a esperanza de podermos mudar as cousas e de contarmos con instrumentos imprescindíbeis para podermos continuar a avanzar no camiño do pleno autogoberno. Mais tamén a confianza de sermos capaces de os construír por nós propi@s, o que non é pouco en termos de autoestima colectiva da cal, infelizmente, tan falto está este País.

Subscrever:
Mensagens (Atom)